Novos deseños por San Froilán

posted in: Novos deseños | 0

Con motivo das festas do San Froilán (3-12 de Outubro), Camisetas.gal crea novos deseños que fan referenza a cidade amurallada:

  • O primeiro deles, está inspirado baixo o lema “Froilán, eres o demo“: Conta a tradición que o representar ao santo patrón en compañía dun lobo podería deberse a un encontro que tivo cun deles nunha das súas múltiples peregrinaxes. Din que estando San Froilán unha mañá rezando e absorto nas súas oracións, aparecéuselle un lobo famento que viu no asno do santo un apetitoso xantar. Abalanzándose sobre el, comezou a devoralo momento no que o atopou o Santo, que coa súa mirada deixou ao lobo aniñado e medorento, mentres lle falaba de amor e paz. Así foi como San Froilán conseguiu quitarlle ao lobo, o medo ao home e ao lume, tomándoo ao seu servizo para levarlle polo mundo as alforxas. Desde entón, o lobo camiñou sempre ao seu lado, arrimado á súa perna dereita. No outro lado do deseño, temos a Felipe Juan Froilán, fillo da duquesa de Lugo, ferido leve nun pé ao disparárselle unha escopeta, caso real que data do 09/04/2012.
  • No segundo deseño, por medio da típica frase xa coñecida “E para comer, Lugo. Dixo César Augusto“, escrita en Latín sobre a moeda, represéntase a figura do primeiro emperador do Imperio romano.
  • Xa por último, o deseño dunha gaiteira asomándose sobre unha letra G (De Galicia), trátase dunha camiseta identificativa de Camisetas.gal.

Para calquera dúbida ou suxerencia, podedes seguirnos nas redes sociais, por medio de Facebook ou Twitter, ou mesmo enviando un email a info@camisetas.gal.

Deseños
Os tres novos deseños de Camisetas.gal: “Froilán, eres o demo!”, “E para comer, Lugo. Dixo César Augusto” e Gaiteira G.

Leave a Reply