Ao longo de catro anos [2005-2008] creáronse os motivos das camisetas e merchandising menor, así como a cartelería correspondente das Festas da Xuventude de Castroverde. A característica de ser unha festa de noite, suxírenos traballar sobre a cor negra como fondo, reservando a liña e a mancha a unha cor verde luminosa. Os motivos elexidos son fantasías festivas, e un punto humorísticas sobre diferentes temas: unha canción infantil internacional, outra popular galega, o nome do noso pobo interpretado na caligrafía dunha bebida universal, a invención dunha lenda entorno ao castelo…

Festa Xuventude [2008]
Festa Xuventude [2008]

…E aconteceu que un probre músico que nacera pola parte de Lamouzán e agora viña das guerras, deu cos ósos no chan, á beira dun regato e preto dun castelo que estaban rematando cen canteiros (continuará). Trátase do último deseño que referenza as Festas da Xuventude, foi no ano 2008.

POR ENCARGO. Este deseño pode tardar máis tempo en ser enviado.

not rated 15.00 € Seleccionar talla
Festa Xuventude [2007]
Festa Xuventude [2007]

Deseño co nome de Castroverde ao estilo de Coca-Cola, que se fixo para as camisetas da Festa da Xuventude do ano 2007.

POR ENCARGO. Este deseño pode tardar máis tempo en ser enviado.

not rated 15.00 € Seleccionar talla
Festa Xuventude [2006]
Festa Xuventude [2006]

Un ovni apodérase da Torre da Homenaxe de Castroverde, co lema “Unha noite non é nada“. Correspóndese a Festa da Xuventude do ano 2006.

POR ENCARGO. Este deseño pode tardar máis tempo en ser enviado.

not rated 15.00 € Seleccionar talla
Festa Xuventude [2005]
Festa Xuventude [2005]

A primeira das camisetas que fan referenza as Festas da Xuventude de Castroverde, co lema “Non che é doado ser verde“. Correspóndese coa festa de 2005.

POR ENCARGO. Este deseño pode tardar máis tempo en ser enviado.

not rated 15.00 € Seleccionar talla