Distintos deseños que identifican a capital de lugo, así como o San Froilán ou o Arde Lucus.

Tempo pra amansar o lobo
Tempo pra amansar o lobo

Facendo referenza a unha das festividades máis grandes de Galicia, un ano máis Camisetas.gal presenta o seu deseño para o San Froilán ’16 baixo o lema ‘Tempo pra amansar o lobo’.

not rated 15.00 € Seleccionar talla
Froilán, eres o demo!
Froilán, eres o demo!

Facendo referenza a unha das festividades máis grandes de Galicia, o San Froilán.

Conta a tradición que o representar ao santo patrón en compañía dun lobo podería deberse a un encontro que tivo cun deles nunha das súas múltiples peregrinaxes.

Din que estando San Froilán unha mañá rezando e absorto nas súas oracións, aparecéuselle un lobo famento que viu no asno do santo un apetitoso xantar. Abalanzándose sobre el, comezou a devoralo momento no que o atopou o Santo, que coa súa mirada deixou ao lobo aniñado e medorento, mentres lle falaba de amor e paz.

Así foi como San Froilán conseguiu quitarlle ao lobo, o medo ao home e ao lume, tomándoo ao seu servizo para levarlle polo mundo as alforxas. Desde entón, o lobo camiñou sempre ao seu lado, arrimado á súa perna dereita.

No outro lado do deseño, temos a Felipe Juan Froilán, fillo da duquesa de Lugo, ferido leve nun pé ao disparárselle unha escopeta, caso real que data do 09/04/2012.

not rated 15.00 € Seleccionar talla
E para comer, Lugo. Dixo César Augusto
E para comer, Lugo. Dixo César Augusto

Mediante o lema “E para comer, Lugo. Dixo César Augusto“, escrita en Latín sobre a moeda, estase a representar a figura do primeiro emperador do Imperio romano. Fai referenza ao Arde Lvcvs.

not rated 15.00 € Seleccionar talla