CAMISETAS.GAL é o nome dun proxecto de deseño, e a súa vez, a identificación do dominio dun lugar. O proxecto céntrase principalmente na creación de motivos para a impresión en soportes téxtiles, como camisetas, panos, bandeiras e outros (nun futuro), así como calquera desenvolvemento en elementos de impresión e obxectos de merchandising.
A web é creada para fins de divulgación, relación e, en definitiva, de marketing ou tenda en liña dos produtos deseñados por CAMISETAS.GAL.
As mensaxes gráficas textuais, pictóricas, ilustrativas ou fotográficas (“artes”) obedecen a un propósito idenficador, cultural, festivo, e de impulso a marca turística CASTROVERDE, e promóvense por, para e desde Castroverde (LUGO), punto de arranque e de inspiración da iniciativa. Estas mensaxes textuais e gráficas están protexidas polo correspondente copyright.
ANTECEDENTES
O proxecto vaise concretando a raíz da relación establecida entre un grupo de xóvenes de Castroverde e un veciño do pobo, con casa familiar nel, residente en Barcelona desde 1975: Enrique González, escritor publicitario veterán e creador dunha axencia e un coñecido estudo de deseño gráfico na cidade condal. A súa vez, Enrique atrae ao proxecto a Vicente Cruz Escorza, director de arte e deseñador gráfico, cunha dilatada vida profesional e un extenso currículum repartido entre diferentes axencias internacionais e locais de publicidade de São Paulo, Madrid, París, Bruselas e Barcelona.
OUTRAS CONDISERACIÓNS
Manuel López Rivas e os seus irmáns Francisco e Iván son, con Enrique González e Vicente Cruz, os impulsores do proxecto. Unha ponte entre Castroverde e Barcelona coa vista posta na vila verde – pobo e municipio- Lugo e Galicia. O proxecto utilizará a web para ser difundido, así como tamén nas redes sociais. Por último, sumado ao equipo, ao cargo do deseño, programación web e presenza nas redes sociais, está Santiago Pillado.
Existe a intención de destinar unha parte dos beneficios que xeneren a venta das camisetas a un fin festivo ou social, aínda por determinar. Ademáis debe quedar constancia de que a faceta comercial, na obtención dun razonable beneficio é absolutamente indispensable para tirar adiante co proxecto, está superditada a un propósito sociocultural de máis amplias miras. Nel a condición festiva inicial queremos que permenezca moi viva. E tamén a didáctiva. Gustaríanos que, de ter aceptación, representa unha certa escola para as novas xeracións en termos de emprendeduría ao servizo da comunidade.
NOTAS DE PRENSA
O venres 14 de Agosto de 2015, pola mañá, en torno ás 11:30 horas, ten lugar a presentación de CAMISETAS.GAL no Concello de Castroverde. Así mesmo, o día seguinte, os diarios “El Progreso” e a “Voz de Galicia” fixéronse eco do acontecemento:
![Presentación - Voz de Lugo [15-08-2015]](https://camisetas.gal/wp-content/uploads/2015/07/Presentación-Voz-de-Lugo-15-08-2015.png)
![Presentación - El Progreso [15-08-2015]](https://camisetas.gal/wp-content/uploads/2015/07/Presentación-El-Progreso-15-08-2015.png)