Dende o día de hoxe, póñense á venta as diferentes camisetas de Camisetas.gal na propia web.
Acéptanse diferentes maneiras de pago, como Tarxeta de crédito (Paypal), Transferencia Bancaria (ABANCA) ou pago en efectivo en Serra Alimentación (Castroverde).
Por outro lado, tamén existen varias opcións con respecto aos envíos (Xestionados por Correos España), poderán ser das seguintes formas: Envío ordinario, certificado, internacional (Europa), e o máis importante, o envío nacional será GRATUITO en compras iguais ou superiores aos 45€. O envío dos pedidos realizarase na maior brevidade posible, unha vez recibido o pago.
Nun principio, estarán dispoñibles todos os deseños actuais, aínda que dalgún o tempo de envío pode aumentar debido a que non dispoñemos stock.
Ademais a web contará cun pequeno blog, no cal será informando sobre as novos deseños das camisetas que van saíndo, así como calquera nova de interese xeral. Xa que a intención nosa é ir facendo pouco a pouco un deseño por cada unha das 37 parroquias das que consta o Concello de Castroverde.
Se quere pode rexistrarse en Camisetas.gal facendo clic aquí. Tamén o poderá facer o realizar calquera compra. Para calquera dúbida ou suxerencia pode escribirnos no formulario da web ou enviando un email a info@camisetas.gal.
Rematando, grazas a todos, ós que fixestes que este pequeno proxecto saíra para adiante.
